Unidas Podemos
Unidas Podemos | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Yolanda Díaz Alberto Garzón |
Historia | |
Fundación | 15 de marzo de 2019 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Progresismo Socialismo democrático Republicanismo Ecoloxismo Laicismo Feminismo |
Representación | |
Congreso dos Deputados | 26 / 350 |
Senado | 0 / 265 |
Parlamento Europeo | 6 / 54 |
Outros datos | |
Sede | C/ Princesa, 2, 28013 Madrid |
Na rede | |
https://quehablelamayoria.unidaspodemos.info/ | |
Unidas Podemos (Podemos-IU), tamén coñecida como UP, é unha coalición electoral española rexistrada o 15 de marzo de 2019. É herdeira da coalición Unidos Podemos, da que se diferenza no xénero gramatical, cambio atribuído ao «auxe do movemento feminista».[1]
Foi rexistrada para presentarse ás eleccións xerais de abril de 2019 e estaba conformada por Podemos, Izquierda Unida e Equo.[2][3] Equo abandonou a alianza en setembro dese mesmo ano. Podemos e IU volveron presentarse co nome de Unidas Podemos ás eleccións xerais de novembro de 2019.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]O 26 de maio de 2018 a dirección de Podemos aprobou un protocolo de alianzas de cara aos seguintes procesos electorais de ámbitos europeo, autonómico e municipal. O nome proposto para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 foi Unidas Podemos cambiar Europa,[5][6] ao que se sumarían Izquierda Unida e Podemos despois das súas respectivas primarias.
No ámbito autonómico a fórmula sería similar aínda que aparecería tamén a marca de todos os actores que participen na coalición. No ámbito municipal respectaríase a aqueles lugares onde Podemos e Izquierda Unida opten finalmente por presentarse por separado, así como marcas municipais xa implantadas que decidisen revalidarse.
Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 presentouse en todas as circunscricións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, excepto nas catalás (Barcelona, Xirona, Lleida e Tarragona), onde se presentou a coalición En Comú Podem-Guanyem el Canvi,[7] e galegas (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra), onde se presentou a coalición En Común-Unidas Podemos,[8] a ambas Cámaras, e ao Senado en Navarra e Mallorca, onde se presentou a coalición Unidas Podemos-Veus Progressistes.[9][10]
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Eleccións xerais
[editar | editar a fonte]Eleccións | Candidato | Votos | % | Deputados | Compoñentes |
---|---|---|---|---|---|
2019 (I) | Pablo Iglesias | 3 135 480 | 11,97 % | 35 / 350 |
Podemos: 29 IU: 5 Equo: 1 |
2019 (II) | Pablo Iglesias | 2 364 192 | 9,80 % | 26 / 350 |
Podemos: 23 IU: 3 |
Denominacións por circunscricións
[editar | editar a fonte]Eleccións xerais de novembro de 2019
[editar | editar a fonte]Nome | Siglas | Ámbito |
---|---|---|
Unidas Podemos | Podemos-IU | Aragón, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Estremadura, Madrid, Murcia, A Rioxa, Ceuta e Melilla. |
Podemos-IU LV CA | Andalucía | |
Podemos-EUPV | Comunidade Valenciana | |
Podemos-IU-Batzarre | Navarra | |
En Comú Podem-Guanyem el Canvi | ECP-Guanyem el Canvi | Cataluña |
Elkarrekin Podemos-Unidas Podemos | Podemos-IU | País Vasco |
En Común-Unidas Podemos | Podemos-EU | Galicia |
Unidas Podemos-Xuníes Podemos | Podemos-IX | Asturias |
Unidas Podemos-Unides Podem | Podemos-EUIB | Illas Baleares |
Nas circunscricións onde non se presentou a candidatura Más País, a formación Equo pediu o voto para Unidas Podemos ou equivalente.
Eleccións xerais de abril de 2019
[editar | editar a fonte]Nome | Siglas | Ámbito |
---|---|---|
Unidas Podemos | Podemos-IU-Equo | Aragón, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Estremadura, Madrid, Murcia, A Rioxa, Teruel, Zaragoza, Ceuta e Melilla. |
Podemos-IU LV CA-Equo | Andalucía | |
Podemos-EUPV | Comunidade Valenciana | |
Podemos-IU-Equo-Batzarre | Navarra | |
En Comú Podem-Guanyem el Canvi | ECP-Guanyem el Canvi | Cataluña |
Elkarrekin Podemos-Unidas Podemos | Podemos-IU-Equo Berdeak | País Vasco |
En Común-Unidas Podemos | Podemos-EU-Mareas en Común-Equo | Galicia |
Unidas Podemos-Xuníes Podemos | Podemos-IX-Equo | Asturias |
Unidas Podemos-Alto Aragón en Común | Podemos-IU-Equo-Alto Aragón en Común | Huesca |
Unidas Podemos-Unides Podem | Podemos-EUIB | Illas Baleares (Congreso) e en Menorca e Eivissa-Formentera (Senado) |
Unidas Podemos-Veus Progressistes | Podemos-EUIB-MÉS-ERC | Mallorca (Senado) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Unidas Podemos, la nueva marca de la alianza entre IU y Podemos". Cadena Ser. 28 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Podemos, IU y Equo registran su coalición de Unidas Podemos y mantienen un corazón en su logo". Europa Press. 15 de marzo de 2019.
- ↑ "Podemos, IU y Equo registran su coalición Unidas Podemos para el 28-A". El Confidencial. 15 de marzo de 2019.
- ↑ "Elecciones: IU ratifica presentarse con Unidas Podemos". RTVE. EFE. 26 de setembro de 2019. Consultado o 1 de maio de 2020.
- ↑ "Unidas Podemos cambiar Europa, el nombre para las europeas de la candidatura del partido de Iglesias". El País. 26 de maio de 2018. Consultado o 26 de maio de 2018.
- ↑ "Podemos, IU y otras formaciones de izquierdas revalidan su acuerdo para las generales 2019 y europeas 2019". El País. 27 de febreiro de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ "C11. COALICIÓN ELECTORAL "EN COMÚ PODEM-GUANYEM EL CANVI"".
- ↑ "C10. COALICIÓN ELECTORAL "En Común-Unidas Podemos"".
- ↑ "C6. COALICIÓN ELECTORAL "UNIDAS PODEMOS"".
- ↑ "UNIDAS PODEMOS-VEUS PROGRESSISTES" (PDF).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Unidas Podemos Arquivado 13 de agosto de 2020 en Wayback Machine.